Boas xentes de por aquí 😇 eu son Laura, son de Madrid, pero vivo na Coruña (e falo galego☺️). Son xornalista, leo e escribo poesía e gústame saír á montaña, escalar, observar aves e ir de foliada (e bailar e ogallá aprender a tocar a pandeireta).
Ademáis, interésame a tecnoloxía e fixen investigacións sobre redes sociais, educación e feminismo. Estou aquí porque teño a ilusión de vivir nunha internet diferente que nos permita falar de verdade e imaxinar xuntas mundos mellores.